A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu esta semana a “Summer School on Quantitative Methods for Risk Management in Finance and Insurance”
A Coruña, 1 de xullo de 2016.- A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acolleu esta semana a “Summer School on Quantitative Methods for Risk Management in Finance and Insurance” (http://dm.udc.es/ssqm2016/), dentro da Acción Marie-Curie para Doutorandos Industriais Europeos, financiada polo programa H2020 da Unión Europea en que participa a UDC a través do grupo de investigación M2NICA, coordinado polo profesor Carlos Vázquez Cendón.
A Summer School incluíu un “Crash Course on Python” orientado ás finanzas, un workshop no ámbito dos métodos cuantitativos para a xestión do risco con cursos de prestixiosos investigadores e profesionais do sector, e as presentacións dos seis doutorandos do proxecto Wakeupcall. Participaron máis de 50 asistentes, fundamentalmente doutorandos no ámbito das finanzas cuantitativas e especialmente doutra ITN, Strike sobre novos métodos en finanzas computacionais, financiada dentro do 7PM en que participa o mesmo grupo, procedentes de distintas universidades europeas (Italia, Holanda, Alemaña, Bélxica, Reino Unido, Slovakia, etc) e tamén de nacionalidades fóra da UE (China, Taiwan, etc). Ademais, incorporáronse investigadores doutores e doutorandos locais dos grupos de Boloña, Amsterdam e A Coruña, responsables do proxecto, así como profesionais do sector.
No workshop impartiron os cursos os profesores Mark Davis (Imperial College), Juan Antonio de Juan (asesor senior de KPMG), Santiago Carrillo (Universidad Autónoma de Madrid) e Iddo Eliazar (Intel, Israel). O curso de Python foi impartido por Íñigo Arregui (UDC), José Antonio García (UDC) e Alvaro Leitao (CWI de Amsterdam). Durante a semana tamén tiveron lugar as reunións do Training Board e Supervisory Board de Wakeupcall.
http://www.udc.es/comunicacion/novas/2016/07/nota_prensa_20160701b.html?language=es